"El mismo día en que el ministro de propaganda de Hitler me ofrecio el cargo de director de la cinematografía alemana huí del país."
--Frizt Lang
axencia
Welcome to CREA
Xornada sobre propiedade intelectual organizada por AGAPI PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Wednesday, 22 February 2012 13:00
There are no translations available.



A asociación Galega de Produtoras independentes (AGAPI) organiza este vindeiro martes 28 de febreiro unha interesante xornada sobre a propiedade intelectual no sector audiovisual, e no contexto dixital.
A xornada terá lugar en Santiago de Compostela na Facultade de Fiencias da Información, e nela abordárense temas como a actual situación trala supresión do canon dixital, a polémica Comisión de Propiedade Intelectual, o vídeo baixo demanda, as licenzas Creative Commos, os futuros modelos de negocio, o problema das descargas ilícitas, etc.

O formato da xornada será o de dúas mesas redondas e dous “obradoiros debate” onde participarán diversos profesionais do sector, dende bloggers como Javier Pedreira “Wicho” de Microsiervos a María Ávarez de A Navalla Suíza, representantes de EGEDA , e diversos produtores de contidos e xestores culturais.

Podedes consultar a programación e participantes descargando a programación nesta ligazón (Pdf 27KB), ou propia web de AGAPI.

A asistencia é de balde e as prazas cubriranse por orde de solicitude enviando este formulario de inscrición.

 
Proxección do documental Isaac de Xose Abad PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Monday, 20 February 2012 13:47
There are no translations available.



Hai pouco sofremos a triste desaparición dunha das máis importantes personalidades da cultura galega no pasado século, Isaac Díaz Pardo. Por moitas homenaxes que lle fagamos a Díaz pardo desde o mundo da cultura, nunca serán suficientes para compensar todo o que este home nos deu á cultura Galega.

O noso compañeiro Xosé Abad tivo a inmensa sorte de facer un documental sobre a súa vida, para o que lle realizou longas e interesantísimas entrevistas que forman parte deste traballo.
Se non tiveches aínda oportunidade de ver este documental que fai un preciso perfil de Díaz Pardo, tes agora unha nova oportunidade de velo na Coruña o vindeiro 23 de febreiro ás 20h. no Salón de actos da Fundación Paideia (Pza. maría Pita 17).
A proxección contará coa presenza do director Xosé Abad.
A entrada e libre e de balde ata completar o aforo.
Podes ver un trailer do documental nesta ligazón.

 
Ángel de la Cruz recibe o seu terceiro premio Goya PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Monday, 20 February 2012 13:10
There are no translations available.


Arrugas, a produción de animación galega, recibiu onte dous premios goya, un deles recaeu no noso compañeiro Ángel de la Cruz, o premio ao mellor guión adaptado.
Con este Ángel xa ten na súa casa (ou onde decida acumulalos) nada menos que tres premios Goya, xa que xa recibiu anteriormente dous máis por El bosque aniomado e O soño dunha noite de San Xoan.
O premio recibido, ao mellor guión adaptado, parecía realmente complicado de acadar, xa que competía nada menos que con Almodobar, Icial Bollaín, e Banito Zambrano.

Desde CREA felicitamos unha vez máis a Ángel, e agradecemos moito a súa dedicatoria do galardón “ao sector audiovisual galego” nestes complicados momentos para dito sector.

Arrugas ademais recibiu tamén o premio a mellor película de animación. Pero os éxitos da animación galega non remataron aquí, xa que o premio á mellor curta de animación recaeu tamén nun traballo galego, Birdboy, dirixido por Alberto Vázquez Rico y Pedro Rivero.
 
Play-doc 2012 pide a colaboración do público PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Friday, 17 February 2012 18:41
There are no translations available.



O Play-Doc de Tui é un dos eventos máis importantes e consolidados do panorama galego audiovisual.
O festival de documentais leva desde 2005 levando á vila de Tui os títulos máis interesantes nacionais, galegos e internacionais, e por si fora pouco repartindo suculentos premios.

A crise, como desgraciadamente sabemos, estase a cebar en todo tipo de eventos culturais, máximo se non son eventos de masas e son difusores de culturas alternativas.
Para combater esta crise e non terse que ver obrigados a mudar o seu xeito de entender o festival, Play-Doc está a experimentar novas canles de financiamento, e aquí é onde podes axudar, financiando o evento desde 10€.
O sistema establece distintas modalidades de financiamento: con achegas a partires de 10€ poderás lucir a chapiña de colaborador e gozar de 2€ de desconto en cada un dos concertos. A partires de 50€ poderás obter unha acreditación especial que te permitirá acceder de balde a todas as proxeccións, aos concertos e a todas as actividades que programe o festival.

O evento xa está programado entre o 21 e o 25 de maio e entre outras películas poderás ver Tralas luces.

A verdade é que se tes pensado acudir ao festival, xa deberías de estar facendo a achega.

Para acceder a facer un donativo accede á web do Play-Doc
 
Publicado “La sociedad de la información en España 2011” PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Sunday, 12 February 2012 18:15
There are no translations available.



A Fundación Telefónica ven de publicar unha nova edición do seu estudo anual que analiza o estado da sociedade da información no noso país. Este é un dos estudos de referencia en canto a TIC se refire, e a Xunta colabora activamente na redacción da parte que abrangue a Galicia.

No estudo podemos atopar datos de todo o Estado ou de Galicia, e nel podemos atopar a evolución da penetración e uso das tecnoloxías TIC nos fogares galegos, a evolución das empresas do sector, o estado da implantación da eAdminsitración, e moitos máis datos de interese.

Para acceder a este estude, podemos acceder a súa web, pero xa aviso que a interface e usabilidade deste sitio son dignas dunha mente diabólica, e por se fose pouco presentase cun deseño digno do ano 95.
É unha verdadeira mágoa que un estudo tan amplo e interesante, desbótese cunha web tan pobre.

Acceso ao estudo: La sociedad de la Información en España 2011

Se o que vos interesa son os datos do estudo galego, recomendo acceder á súa fonte: OSIMAGA, que permite descargalos sen maior problema, nesta ligazón.
 
Chico & Rita de balde en Filmotech PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Thursday, 16 February 2012 20:55
There are no translations available.



Afortunadamente cada vez son máis as boas novas respecto de canles alternativos para desfrutar de xeito lícito do cine na nosa casa.
Hoxe tócalle a un videoclube online especializado en cine español e latino, do que non faláramos antes por aquí, Filmotech.

Este videoclube ten un catálogo de máis de 1.200 películas hispanas, que podemos tanto alugar durante 24h por 1,42€ a pelicula, ou ben desfrutar de tarifa plana por 9€ ao mes, co que teremos acceso a todo o catálogo durante todo o mes de xeito ilimitado.

Pero a boa nova é que en exclusiva e totalmente de balde ata o vindeiro día 26, simplemente con rexistrarnos, poderemos ver sen custe algún a candidata aos Oscar Chico & Rita, a película de animación de Trueba e Mariscal.

A promoción está limitada aos 6.000 primeiros visionados, así que se tedes interese por vela, non demoredes en rexistrarvos.

A iniciativa é indubidablemente boa, pero ei de dicir que hai un aspecto algo mellorable, e que non é menor. Falo ca calidade de reprodución, que a lo menos no meu caso cun  ordenador potente e unha conexión a Internet de banda ampla, deixaba bastante que desexar, levándome de novo aos tempos do VHS ou das pelis tamaño 320x240 dos anos 90.

Toda a información en Filmotech.

 
Obradoiro de introdución ao guión de curtas no Macuf PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Thursday, 09 February 2012 23:40
There are no translations available.


O Macuf da Coruña organiza un  obradoiro de iniciación ao guión cinamatográfico para curtametraxes.
Está dirixido a todos aqueles que desexen iniciarse na escritura de guión de cinema.
O obxectivo deste obradoiro é o de mostrar a técnica de escritura e análise de guión, introducindo ao alumno na construción de personaxes, a elección da estrutura adecuada a cada historia e das estratexias dramáticas, así como a elaboración de diálogos naturais.

O obradoro terá lugar catro sesións de tres horas cada unha:
sábados 11 e 18 de febreiro e 3 e 10 de marzo de 2012, de 11.00 a 14.00 horas.

O obradoiro será impartido por Erica Esmorís.

A matrícula ten un prezo de 80€, e as prazas están limitadas a 20 por edición.

Toda a información na web do Macuf.

 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>

Page 1 of 25